Ola rapaces!
Achégase o fin de curso. Un final atípico. Xa sabedes que se tedes ganas de crear, practicar, facer ou xogar coa música neste blogue tedes moitos vídeos para realizar durante todo o verán.
Espero xa vernos todos o curso que vén e gozar xuntos da música.
Aos maiores de sexto, desexarlles o mellor para a súa nova etapa que están a piques de comezar no instituto. Con tesón e paciencia estou segura que alcanzaredes os vosos obxectivos. Sodes moi capaces!!
Felices vacacións a todos
Vémonos despois do verán,
Lucía
Comments