top of page

3# ENIGMA MUSICAL- MATEMÁTICO ( nivel medio)

En 1847 Chopin publicou a súa última obra: Tres valses para piano só.

O primeiro deses tres valses é coñecido como "O Valse do minuto", pero realmente foi un erro, porque o valse non dura un minuto.


O que querían transmitir é que ese valse era moi pequeno, " unha miniatura", pero nin moito menos quería dicir que había que tocalo nun minuto. A obra ten 155 compases (como os vagóns do tren) e en cada compás unha media de 6 notas.


Como é un valse, o compás é de 3/4 e case todos os seus compases teñen 6 corcheas. Se a obra tivésese que tocar nun minuto, faría falta tocar dous compases e medio por un segundo, cousa que é practicamente imposible ( demasiado rápido).


A velocidade normal sería de 10 notas por segundo con estes datos...

Canto tempo tardaríase en tocar o "Valse do minuto" de Chopin?


Pista: fixarvos en que datos son os necesarios

Quen crea cal é a resposta que me escriba. A ver se o descifrades !!!



Déixovos a música deste valse. Coñeciádela?


 
 
 

Entradas recientes

Ver todo
Feliz verán!

Ola rapaces! Achégase o fin de curso. Un final atípico. Xa sabedes que se tedes ganas de crear, practicar, facer ou xogar coa música...

 
 
 

Comentarios


©2020 por Clase de música del CEIP A DOBLADA. Creada con Wix.com

bottom of page