CREA A TÚA MÚSICA DEBUXANDO ONLINE ( primaria e infantil) dentro da entrada está o link
- luciasabariz2
- 1 abr 2020
- 1 Min. de lectura
Porque tamén é importante crear música, déixovos aquí unha plataforma para crear música a través dos vosos debuxos.
IMPORTANTE: ESTA APLICACIÓN FUNCIONA SOAMENTE CON GOOGLE CHROME.
O importante é experimentar e ir descubrindo como a través das vosas liñas e debuxos saen diferentes músicas.
Déixovos unha pequena pauta de como funciona:
- Cada liña que pintedes é unha nota
- Depende de onde coloques a liña soará máis grave ( se está na parte de abaixo) ou agudo ( se está debuxada na parte de arriba da pantalla)
- Se debuxas círculos soarán voces
-Se debuxas triángulo soarán instrumentos de percusión
- Pódese engadir cousas mentres está a soar
A crear música CHIC@S!!!!
Aquí está o enlace:
Comments