O último do último, para os máis valentes! A ver quen se atreve!!!
ATENCIÓN: o Mi' ( o mi agudo, o que está encima do re agudo) tócase igual que o o mi que coñecedes pero co buraco de atrás medio destapado ou destapado.
Estou a desexar que vos poñades con esta canción , pode ser coa frauta, violín, piano...ou outro instrumento que teñades en casa.
Cando vos salga, podédesme enviar os vosos audios.
Cantas ganas teño de escoitar as vosas interpretacións.
Ánimo!!!
Comments